A xornada de networking que o pasado 31 de maio desenvolveron conxuntamente o Cluster TIC Galicia, o Cluster Audiovisual Galego (CLAG) e a asociación empresarial Eganet foi obxecto de atención por un importante número de medios de comunicación.
No referente ás canles de televisión, a noticia do desenvolvemento da xornada e da sinatura do convenio marco de colaboración entre o Cluster TIC e o CLAG foi recollida por Televisión de Galicia, que a emitiu no Telexornal Mediodía e por Televisión Española, que a incluíu no resume de actualidade da súa desconexión para Galicia.
Comentarios