O vicepresidente do Cluster participará este venres no II aniversario de Iniciador Galicia

O vicepresidente do Cluster participará este venres no II aniversario de Iniciador Galicia


O segundo aniversario de Iniciador Galicia, que terá lugar o próximo venres 6 de maio en Expocoruña (A Coruña) e tratará de ser punto de reunión para todos os emprendedores tecnolóxicos galegos, contará coa presenza de Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Cluster TIC, entre outras personalidades.

Baixo o lema de Work hard, party hard, Iniciador Galicia desarrollará un evento moi especial que arrancará con con dúas ponencias e unha mesa redonda. Posteriormente celebrarase unha festa.

Iniciador Galicia leva dous anos de andaina, superando os 25 eventos, os 1.200 asistentes, os 1.700 seguidores en Twitter, os 350 seguidores en Facebook e os 400 seguidores en LinkedIn.

Antonio Rodríguez del Corral
É o xerente da División Planificación Estratéxica e Desenvolvemento de Negocio de R e membro do Equipo Directivo e do Comité de Mercado. Antonio Rodríguez del Corral é o vicepresidente do Cluster TIC de Galicia e o presidente da plataforma tecnolóxica Vindeira.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies