O presidente do Cluster participará na xornada "Construíndo un sector TIC en igualdade"

O presidente do Cluster participará na xornada "Construíndo un sector TIC en igualdade"


Baixo o título "Construíndo un sector TIC en igualdade", a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, levará a cabo unha xornada que forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal e que reunirá a expertos no ámbito das novas tecnoloxías.

Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC, intervirá no panel que analizará a situación das mulleres nas empresas.

O obxectivo da cita é afodar no coñecemento do papel que actualmente xogan as mulleres no sector galego das  Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) e propoñer iniciativas para impulsar o seu protagonismo, en pe de igualdade cos traballadores varóns.

A xornada, organizada en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, terá lugar o vindeiro mércores 18 de maio de 2011 en Santiago de Compostela no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, rúa Airas Nunes, s/n – Conxo de 09:30 a 13:30 horas.

Programa e inscricións:

Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse, de forma gratuíta, enviando o formulario de inscrición ao enderezo info@fundacioncalidade.org.

Fax: 981 957007

Tlf.: 881 999012 / 881 999117

Programa e acceso ao formulario de inscrición

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies