O plan de internacionalización fixará o punto de mira en Latinoamérica e Europa do Leste

O plan de internacionalización fixará o punto de mira en Latinoamérica e Europa do Leste


O Plan de Internacionalización do sector TIC fixará como mercados preferentes os países latinoamericanos e de Europa do Leste. Segundo os traballos avanzados no seo do grupo de traballo de Internacionalización e Demanda Temperá, nestas áreas xeográficas atópanse as oportunidades que mellor se adaptan ao panel de produtos dos membros do Cluster.Dentro de Latinoamérica, os países que se consideran máis interesantes son Brasil, Colombia, México e Arxentina, con Chile e Perú en segundo plano. Estes países contan con economías emerxentes e plantexan unha gran demanda de servizos e tecnoloxía. Algunhas empresas do Cluster xa teñen experiencia con clientes, socios, distribuidores ou provedores nestes mercados.Polo que respecta a Europa, os países que parecen ofrecer mellores oportunidades sitúanse no Leste. Destacan pola dimensión do seu mercado interno Rusia e Polonia, que ademais é receptor de fondos da Unión Europea. Ademais, Alemaña considérase un bo terreo de actuación para os socios do Cluster que prestan servizos de software.A elaboración dun plan de internacionalización para o sector TIC galego é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies