Do 16 o 19 de abril, no edificio do Igape en Compostela (Complexo Administrativo de San Lázaro), desenvolveranse unhas xornadas orientadas a impulsar á exportación ao mercado ruso. Participará nelas o director da plataforma da rede Pexga en Rusia, Román Aguas Mayzels.
Segundo informa o Igape, ao longo das xornadas está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas cos empresarios galegos que estean interesados en explorar a este mercado ou en ampliar a súa presenza nel.
O director da rede Pexga en Rusia (plataforma empresarial posta en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, e a Confederación de Empresarios de Galicia), poderá facilitar información directa aos empresarios, así como recibir solicitudes de encargos concretos.
Ademáis, aproveitando a organización do punto de encontro, o 19 de abril ás dez da mañá terá lugar o Taller Export Networking Rusia. Esta actividade está dirixida a poner en contacto empresas que decidiron apostar pola súa internacionalización no mercado ruso, para deste xeito intercambiar experiencias, identificar posibles sinerxias e detectar potenciais oportunidades de actuación conxunta. As prazas para participar nestas xornadas son limitadas.
Para máis información, contactar co Igape a través dos seguinte teléfono: 902 300 903
Comments