O grupo de Finanzas axiliza os contactos coa administración e a banca para obter vantaxes para os asociados

O grupo de Finanzas axiliza os contactos coa administración e a banca para obter vantaxes para os asociados


None



Na súa última reunión, celebrada o pasado 13 de xaneiro, o grupo de traballo de Política de Subvencións TIC e Plan Económico-financeiro acordou impulsar un programa de reunións con entidades financeiras e coa administración galega de cara a acadar vantaxes para os membros do Cluster no acceso ao crédito e ás axudas e subvencións públicas.

Este grupo, que preside Javier Grandal (Arteixo Telecom) ten entre os seus obxectivos a negociación coas entidades financeiras e a orientación das liñas de axudas públicas que poidan beneficiar ao Cluster ou aos seus asociados, participando na súa redacción e promovendo que a pertenza ao Cluster sexa considerada como un valor á hora da concesión desas axudas.

Cara estes obxectivos se orientan as decisións do grupo relativas á posta en marcha de dúas roldas de reunións, por unha banda cos principais bancos e caixas de aforros galegas e, por outra, coa Secretaría Xeral de Modernización, o IGAPE a Dirección Xeral de I+D.

“O noso equipo de traballo ten que xogar un papel importante no sentido de ser capaz de aglutinar a todo o sector nunha única voz que sexa oída e tida en conta por parte da Administración á hora de deseñar as súas políticas de promoción económica. Estamos traballando para que a pertenza ao Cluster puntúe á hora de acceder ás axudas e subvencións”, explica Grandal.

O presidente do grupo de traballo tamén está convencido de que, fronte ás dificultades que actualmente teñen as empresas para acceder ao crédito, é preciso poñer en valor a fortaleza que aporta o Cluster: “Imos sentarnos cos bancos e as caixas de aforros para explicarlles o respaldo que para as empresas de menor tamaño significa formar parte dunha organización como o Cluster, de xeito que os nosos asociados poidan ter acceso en condicións vantaxosas a diferentes instrumentos de financiamento. Por exemplo, que unha empresa pequena poida ter preconcedido un crédito simplemente polo feito de pertencer ao Cluster”, conclúe Grandal.

Outra das iniciativas postas en marcha polo grupo na súa última reunión foi o deseño dunha estratexia de procura de patrocinios que permitan financiar as accións de comunicación do Cluster.

None

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies