Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración do “Curso de introdución á mobilidade. Como xerar negocio con aplicacións móbiles”. Os membros do Cluster TIC Galicia terán un desconto dun 20% na matrícula do curso completo.
Deste xeito, os traballadores de empresas do Cluster que se inscriban ao curso completo, deberán facer un ingreso en concepto de matrícula de 200 euros, en lugar dos 250 que corresponden á matrícula ordinaria, indicando no seu correo ou fax de inscrición a súa condición de traballador de empresa socia do Cluster. Para acreditar esta información, poderán achegar cabeceira da nómina onde figuren os datos da empresa.
Comments