O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza a xornada 'Construíndo a Indentidade Dixital', que reunirá un amplo número de expertos para abordar a sinatura electrónica desde diferentes puntos de vista: os prestadores de servizos, a administración electrónica, os servizos de certificación dixital e a seguridade, entre outros.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, inaugurarán a xornada o vindeiro día 26 de xaneiro na Escola Galega de Administración Pública, xunto co director da mesma, Pablo Figueroa Dorrego.
A xornada servirá de presentación do libro Construíndo a Identidade Dixital. Situación actual da sinatura electrónica e das entidades de certificación, elaborado polo colexio, e que estará publicado no portal do CPEIG a partir do vindeiro día 25. Moitos dos relatores presentes na xornada contribuíron á realización do devandito estudo mediante as súas reflexións e análises.
As persoas interesadas en asistiren á xornada deberán inscribirse no formulario dispoñible no portal do CPEIG.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 24. A asistencia á xornada non supón ningún custo económico.
Esta xornada desenvólvese no marco do convenio establecido entre o Colexio e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.
PROGRAMA
Comments