Así o expresou o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, na Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, gala que reuniu na Toxa a preto de 300 profesionais das TIC na súa decimosexta edición, dedicada á Nova Economía sobre a Banda Larga
Bermúdez de Castro igualou a banda larga coa infraestrutura esencial para a participación na economía moderna e instou a todos os axentes da comunidade tecnolóxica galega, onde o COETG debe ocupar un lugar prioritario, a colaborar coa Xunta de Galicia na implantación dos programas de alfabetización dixital ao supoñer unha oportunidade de recuperación en tempos de crise.
O acto, presidido polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, contou co respaldo de diversas autoridades autonómicas, como a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e cun relator de excepción, o presidente da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), Bernardo Lorenzo.
Fonte: AETG-COETG
Ler máis
Comments