O Cluster traballa no desenvolvemento de prestacións socio-sanitarias da vagarda para o fogar

O Cluster traballa no desenvolvemento de prestacións socio-sanitarias da vagarda para o fogar


O Custer TIC Galicia participou o día 3 de febreiro nunha reunión convocada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para coordinar o desenvolvemento e posta en marcha de servizos de atención socio-sanitarios na casa a través das novas tecnoloxías.

Esta é unha das liñas de actuación previstas para o desenvolvemento do ‘Fogar Dixital’ na comunidade autónoma, tal e como se recolle na ‘Axenda Dixital’ da Xunta de Galicia.

Na xuntanza, a SXMIT deu conta tamén dos avances na posta en marcha do Cento Demostrador TIC, que permitirá ás empresas do sector das Tecnoloxías de Información e as Comunicacións mostrar produtos e servizos dirixidos a mellorar a produtividade e competitividade no resto de sectores.  Segundo a Secretaría Xeral, este centro estará en funcionamento antes de que remate a primeira meteda do ano 2011.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies