O Cluster TIC seguirá exercendo o liderado deste sector empresarial en Galicia

O Cluster TIC seguirá exercendo o liderado deste sector empresarial en Galicia


O próximo mes de setembro, o Comité Estratéxico aprobará a incorporación de novas empresas.


O Cluster TIC Galicia, que representa a sesenta e oito empresas que integran á maioría dos traballadores e da facturación do sector das novas tecnoloxías, o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros en Informática de Galicia, os Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia Asociados, o Consello Territorial de AMETIC (Asociación Multisectorial de Empresas de Electrónica, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, das Telecomunicacións e Contidos Dixitais), a Asociación INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e AETG (Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), se sinte lexitimado para asegurar que mantén o liderado empresarial no sector TIC de Galicia.

Neste senso, o Comité Estratéxico, máximo órgano de Dirección entre Asembleas, reunido o 14 xullo, lamentou que algunhas empresas e entidades non perciban do mesmo xeito esta visión, posto que no Cluster TIC todas as sensibilidades son e deben ser contempladas mediante o consenso maioritario. Deste xeito, o Cluster está aberto a calquera integración, como as actualmente existentes, baixo o criterio e as decisións maioritarias, sen que iso exclúa a adhesión, o respecto e a defensa doutras sensibilidades, aínda que non fosen maioritarias.

O actual Cluster TIC mantén todo o seu potencial empresarial e técnico e está en disposición de ofrecer ao resto de sectores empresariais, sociais e públicos a súa capacidade tractora e horizontal. Neste senso, o Cluster TIC mantén toda a súa estrutura directiva e administrativa que lle permite organizarse e seguir potenciando aos Grupos de Traballo, motores do Cluster desde o seu inicio. Na actualidade, acomete tamén as accións de desenvolvemento sobre o Plan Estratéxico recentemente aprobado e presentado.

Os pasados días 12 e 13 de xullo, o Cluster TIC Galicia participou no programa comunitario AT Clusters co fin de dinamizar o labor das agrupacións empresariais en Galicia, onde foi recoñecido como Cluster de referencia do Sector na xornada que tivo lugar en Rennes (Francia) á que asistiu o seu xerente.

Así mesmo, e despois do Convenio Marco asinado coa Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o Cluster TIC iniciou os traballos para o estudo dunha "Proposta para a Estratexia de Financiación do Sector TIC para o 2012" que achegase en breve á Xunta as consideracións para unha optimizaron das axudas e subvencións publicas.

Deste modo, o Cluster TIC, que aprobará en setembro a incorporación de novas empresas, manifesta a súa firmeza e vontade de seguir exercendo a súa presenza no sector TIC coa unión e o respecto que todos merecen, así como a consideración ás actuais responsabilidades que as asociacións teñen.

Pola súa banda, o presidente do Cluster TIC, Rafael Valcarce, indicou que "todos os que integramos o Cluster somos como afluentes que xuntos facemos un río grande, navegable e con capacidade para xerar enerxía. Se ese esforzo non chega ou se dilúe, en percorridos baldíos, estaremos a perder todos as opcións que perseguimos as empresas e os profesionais deste sector. E de momento, grazas a Deus, o río segue moi crecido e con mais potencialidade que nunca. O sector en Galicia é e será forte. As brumas despexan cos días e permiten seguir contemplando a realidade".

None

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies