Rafael Valcarce Baiget, presidente do Cluster TIC Galicia, participará no coloquio do programa O Faladoiro, que emitirá Correo TV o vindeiro luns, día 22, a partir das 21:55 horas. O debate centrarase no papel das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) na sociedade galega e no plan de desenvolvemente da banda larga na nosa comunidade autónoma.
Xunto a Rafael Valcarce, participarán no coloquio Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia; Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, e Antonio Rodríguez del Corral, invitado pola súa condición de director de Desenvolvemento de Negocio de R pero que tamén é o vicepresidente do Cluster TIC Galicia.
Además da súa emisión na televisión local de Santiago de Compstela, o programa poderá seguirse á mesma hora en Radio Obradoiro. Ademáis, Correo TV redifundirá o programa o martes, día 23, ás 10 e ás 16 horas, e o diario El Correo Gallego recollerá nas súas páxinas o principal das intervencións dos contertulios. As emisión televisiva tamén quedará aloxada na canle de Youtube de Correo TV, nun enlace que se faciliará aos socios do Cluster TIC Galicia.
Comments