O Cluster TIC Galicia celebra mañá en Compostela a súa primeira Xornada de Negocio e Networking

O Cluster TIC Galicia celebra mañá en Compostela a súa primeira Xornada de Negocio e Networking


Baixo o lema Facendo nacer as oportunidades, mañá celebrarase a primeira edición da Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia. A actividade terá lugar a partir das nove e media da mañá no hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela, e reunirá a un importante número de responsables empresariais e profesionais do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. O obxectivo dos participantes será construír unha axenda de contactos que permita poñer en marcha novos proxectos ou oportunidades de crecemento.Fronte a outras iniciativas orientadas ao networking, a xornada do Cluster ofrece a vantaxe de estar totalmente focalizada no sector TIC galego, o que favorece a eficacia cara ao negocio dos contactos que se establezan. Ademais, a mecánica elixida para o desenvolvemento da actividade é a ideal para identificar posibles clientes, socios, colaboradores ou provedores. Todos os participantes manterán entre si encontros cara a cara, conforme a un sistema de rotación que garantirá que, ao cabo do día, cada un teña mantido unha entrevista persoal con cada un dos outros participantes. A xuntanza pecharase cun almorzo.A organización da primeira Xornada de Negocio e Networking do Cluster é unha resposta ao interese dos socios e empresas do sector por ampliar a súa base de contactos para facer crecer os seus negocios, para o cal resultan axeitadas as iniciativas que promoven o coñecemento e a cooperación intrasectorial. A actividade está aberta tanto a socios como a non socios do Cluster.

Primeira Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia
“Facendo nacer as oportunidades”16 de febreiro de 2012Hotel Los Abetos. San Lázaro, s/n. 15820 Santiago de Compostela

  • 9:30h. Recepción dos participantes
  • 9:45h. Presentación da xornada
  • 10h. Primeira rolda de encontros bis a bis
  • 12h. Café
  • 12:30h. Segunda rolda de encontros bis a bis
  • 14:30h. Almorzo

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies