O Comité Estratéxico (COES) celebrado o pasado 13 de abril deu luz verde ás contas de 2010 e aos presupostos para 2011, que serán presentados á próxima Asemblea Xeral. Os orzamentos para o exercicio en curso medran un 110% respecto aos do ano pasado, o que certifica o seu carácter “expansivo”, tal como foron cualificados ante o COES por Ricardo Fernández, tesoureiro do Cluster.
Elaborados no seo do Grupo de Traballo de Financiamento, os orzamentos para 2011 prevén uns ingresos totais de 611.000 euros, dos que 430.000 procederán de actividades desenvolvidas polo Cluster. Entre estas destacan dúas misións internacionais directas e outras tantas inversas, o Plan de Formación 2011, o desenvolvemento da nova plataforma web, dous eventos de networking, a posta en marcha do Pacto tecnolóxico-industrial e o deseño dun selo de excelencia para o sector, entre outros.
None
Comments