O Cluster estrea Boletín, máis atractivo e práctico

O Cluster estrea Boletín, máis atractivo e práctico


O Cluster TIC Galicia estrea hoxe novo Boletín. O obxectivo é facer que a principal ferramenta de comunicación cos socios sexa máis atractiva, estea mellor organizada e teña un nanexo máis sinxelo e práctico.

O novo Boletín sucede ao vello A actualidade a un clic, resume de actualidade que os socios viñan recibindo desde novembro de 2010, e terá periodicidade semanal, sendo o venres o día do lanzamento de cada nova edición.

Os contidos informativos centraranse nas actividades do Cluster e dos seus membros, recollendo ademáis as principais noticias, opinións, documentos e citas do sector.

O novo Boletín desenvolveuse, ademáis, pensando en que facilite a cooperación informativa con outras entidades do ámbito galego das TIC.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies