O Cluster estivo representado no segundo aniversario de Iniciador Galicia

O Cluster estivo representado no segundo aniversario de Iniciador Galicia


O segundo aniversario de Iniciador Galicia, que tivo lugar o próximo venres 6 de maio en Expocoruña (A Coruña), contou coa participación de Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Cluster TIC Galicia, e de Iago Soto (Quobis Networks), membro do Comité Estratéxico.

Baixo o lema de Work hard, party hard, Iniciador Galicia combinou conferencias e mesas redonda con actividades lúdicas orientadas a reforzar o ‘networking’ entre os emprendedores.

Iniciador Galicia leva dous anos de andaina, superando os 25 eventos, os 1.200 asistentes, os 1.700 seguidores en Twitter, os 350 seguidores en Facebook e os 400 seguidores en Linkedin.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies