O Cluster, en Facebook

O Cluster, en Facebook


Co obxectivo de reforzar os seus recursos de comunicación, o Cluster TIC Galicia ven de poñer en marcha o seu perfil na rede social Facebook.

Deste modo, tanto os socios coma o resto de empresas e entidades vinculadas ao sector teñen xa unha nova vía para acceder de modo rápido e sinxelo a toda a información relacionada coa entidade: noticias, convocatorias, axenda, etcétera. Ao mesmo tempo, o Cluster dótase dun recurso eficiente para manter un diálogo permanente cos seus socios e con entidades coas que comparte intereses e inquietudes.

O perfil de Facebook súmase á identidade do Clúster en Twitter, que ten xa un amplo desenvolvemento, con máis de 1.100 seguidores e un importante número de interaccións.

O Cluster continuará desenvolvendo a súa participación en redes sociais, sempre co obxectivo de estar preto dos socios e mellorar a súa comunicación cos diferentes actores do sector.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies