O Cluster analiza cos socios a eficacia da primeira xornada de networking

O Cluster analiza cos socios a eficacia da primeira xornada de networking


Co fin de conservar os aspectos máis positivos da experiencia e pulir aqueles nos que haxa marxe de mellora, a administración do Cluster remitiu aos participantes na primeira Xornada de Negocio e Networking unha enquisa de satisfacción. A idea é que as respostas sirvan para coñecer a eficacia real da actividade e para mellorar o seu deseño de cara a futuras edicións.As impresións manifestadas por quen tomaron parte na xuntanza celebrada o xoves 16 de febreiro foron netamente positivas, cousa que mesmo se reflectiu nas redes sociais. Nembargantes, o Cluster quere ter unha información máis precisa respecto á opinión dos participantes en cuestións concretas, como o tempo asignado ás reunións, os materiais utilizados ou mesmo as instalacións nas que se desenvolveu  a xornada. Tamén se queren obter conclusións respecto á eficacia real da xuntanza, en termos de oportunidades de negocio xeradas.Para todo iso, cóntase coa colaboración dos participantes na xornada á hora de responder a enquisa de satisfacción, que se lles remitui o día seguinte ao evento.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies