Os proxectos, cofinanciados nun 50% polo IGAPE e o FEDER, teñen o obxectivo de facilitar e mellorar a xestión e adecuar ás empresas ás novas demandas legais.
- eFactura.- Unha plataforma que se integra con xestores de contabilidade e cos ERPs das empresas. Con esta ferramenta adecuámonos as obrigas legais, tanto o emisor como o receptor da factura electrónica.
- UNE-TIC.- Implantación e certificación da norma UNE 166002 que mellora a xestión da I+D+i, permitindo optimizar os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica. Ademais das melloras de xestión a súa implantación leva vantaxes económicas xa que as empresas acceden a bonificacións sobre a cota da Seguridade Social e a importantes deducións fiscais.
- Elastic Projects.- Unha ferramenta de xestión de proxectos que permite un control e seguimento exhaustivo de horas, procesos, capacidades e recursos. Teremos análise de indicadores e posibilidade de adaptar a ferramenta ás particularidades de cada proxecto.
Os 3 proxectos teñen limitación de prazas e, despois dos prazos de preferencia para empresas socias, quedando vacantes ábrese a posibilidade a empresas non socias.
Os interesados en participar deben poñerse en contacto co grupo de xestión do Clúster TIC Galicia
antes das 15 horas do venres 18 de xullo. O horario de oficina é de 8 a 15 horas e podes contactar por correo electrónico:
info@clusterticgalicia.com ou por teléfono: 881 93 96 51.
Comments