O pasado mércores o director do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro con algúns dos clústeres galegos mellor posicionados cara a excelencia da xestión, como é o caso do Clúster TIC Galicia.
Esta xuntanza serviu como avanzadilla para a conferencia internacional de clústeres que se desenvolverá en Santiago a próxima semana e na que estarán representantes de diferentes institucións de ámbito nacional e europeo, e que terá o obxectivo de impulsar avances cara a excelencia da xestión, de acordo coas directrices europeas.
No transcurso do encontro Javier Aguilera salientou que a colaboración e o traballo común das empresas dentro dos clústeres, xunto coa cooperación para desenvolver proxectos de interese mutuo, constitúen as mellores vías para que estas agrupacións de empresas melloren e avancen cara a súa excelencia.
O director do Igape destacou que a Consellería de Economía e Industria aposta por reforzar a colaboración con e entre clústeres galegos para convertelos nas mellores pancas para acelerar os procesos de mellora da competitividade e avanzar con maior seguridade na internacionalización das pemes galegas.
A continuación reproducimos as repostas que o presidente do Clúster, Antonio Rodríguez del Corral fixo durante o encontro.
¿En qué medida cree que mellorou a competitividade das empresas integrantes do Clúster?
Os servizos e apoios que o Clúster da ás empresas actúa directamente sobre a súa competitividade.
O coñecemento que temos de cada proxecto empresarial TIC posibilita unha actuación rápida e eficaz porque detectamos necesidades, buscamos solucións e axudamos na resolución. Este é un dos obxectivos do Clúster, ser unha resposta específica na búsqueda de condicións xenéricas que favorezan a competitividade empresarial.
O incremento de colaboración entre empresas socias, a especialización e os produtos que estamos obtendo no proxecto de Caracterización do Sector TIC galego, demostran o cambio en canto á competitividade do noso tecido empresarial.
¿Qué mercados internacionais son máis atractivos para o seu negocio ou actividade?
As TIC somos transversais e as fronteiras non existen cando se emprega Internet, así que temos maiores oportunidades de internacionalización. No que si temos unha barreira é na cuestión do idioma, que é un dos motivos polos que as empresas poñen en mira preferente aos países Latinoamericanos. Obviamente aquí atopámonos con países emerxentes que teñen uns datos de crecemento económico de indubidable interese.
¿Cómo influíu o actual clima de crise económica na súa proxección internacional?
A innovación, a mobilidade, a actualización e a adaptabilidade son constantes no noso sector. Isto permítenos manternos e incluso crecer e xerar emprego, aínda que a un ritmo moi inferior ao que se tiña antes da crise.
A crise estanos servindo para reestruturarnos, especializarnos e crear produto, algo que tiñamos en pouca cantidade, aínda que de alta calidade, e que agora está moi fortalecido.
En consecuencia, estamos mellor preparados para afrontar a proxección internacional. Temos coñecemento e alta cualificación, temos produto e somos competitivos. Estamos nun momento óptimo para achegarnos a novos mercados e o Clúster realizará o traballo de coordinación e planificación para que a internacionalización sexa unha realidade.
¿Cómo valora o papel do Igape na implantación e desenvolvemento da súa estratexia de internacionalización?
O apoio e o aval da administración no proceso da internacionalización son claves. As Plataformas Empresariais no Exterior do Igape (PEXGA), o estudo dos mercados, o asesoramento, a formación e a potenciación da cooperación son ferramentas imprescindibles para o éxito da implantación empresarial no exterior.
Comentarios