A AMTEGA e a Consellería de Traballo e Benestar están a impulsar a RSE no sector TIC galego, fomentando a difusión dos produtos e solucións de tecnoloxía social, sendo estes os obxectivos fundamentais que se recollen no protocolo asinado esta mañá.
A elaboración dunha Guía de Boas Prácticas de RSE para o sector TIC e a creación dunha plataforma sectorial TIC de fomento da Responsabilidade Social serán as dúas primeiras medidas nas que traballarán en colaboración a Axencia de Modernización (AMTEGA) e a Consellería de Traballo.
Ademáis do Clúster TIC Galicia, este protocolo foi asinado por Agasol, Agestic e Eganet; que tamén foron as encargadas de moderar a Xornada sobre Casos de éxito de implantación de Boas Prácticas de RSE no Sector TIC galego, que contou cunha nutrida participación de empresas socias do Clúster.
Na 1ª mesa expuxéronse solucións ou produtos TIC orientados ao eido da saúde, o benestar ou o envellecemento activo e nela participaron Imaxdi, Bahía Software e Wireless Galicia.
A 2ª mesa centrouse nas boas prácticas para a mellora do lugar do traballo, onde puidemos saber das particularidades e dos casos de éxito de Instra Ingenieros, Everis e Igalia.
Na 3ª mesa abordouse o tema das boas prácticas con impacto na comunidade da man de Iterdata, Balidea, Abertal e Icarto.
E na última mesa, moderada polo Clúster TIC Galicia, analizáronse casos de integración de xeito transversal, en todas as funcións do negocio, aliñando as políticas e estratexias de RSE cos valores e obxectivos da empresa. Unha análise na que tivemos a participación de Ednon, R e Tecnocom.
Comments