O Clúster TIC Galicia traballará co Clúster Holandés que lidera a micro e nanoelectrónica en Holanda

O Clúster TIC Galicia traballará co Clúster Holandés que lidera a micro e nanoelectrónica en Holanda


O Clúster TIC Galicia ven de contactar co Business Cluster Semiconductors East Netherlands, un Clúster que aglutina á cadea de valor do desenvolvemento, produción e aplicación avanzada de ICs, MEMS, sensores e sistemas inalámbricos.

Deste xeito pretendemos dar resposta ás demandas que nos achegan as empresas sobre as súas necesidades de contactar con empresas líderes en micro e nano  electrónica.

Abrimos un novo Grupo de Traballo (GT Internacionalización – Países Baixos) co obxectivo de poñer en comunicación a empresas socias interesadas en contactar con empresas de micro e nano electrónica Holandesas.  A través dos Clústeres obteremos información de cada empresa para ver as coincidencias de oferta e demanda e estudar a posibilidade de realizar unha misión aos Países Baixos, con axendas individualizadas e pechadas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies