O Clúster TIC Galicia recolle as aportacións do sector TIC para a Axenda da Competitividade Industrial de Galicia: Industria 4.0

O Clúster TIC Galicia recolle as aportacións do sector TIC para a Axenda da Competitividade Industrial de Galicia: Industria 4.0


O pasado venres 6 de marzo, o Clúster e varias empresas socias participaron, xunto cos principais clústeres industriais (Automoción, Naval, Madeira e Granito entre outros) na mesa de traballo empresarial organizada polo IGAPE, centrada na definición de “Fábrica Intelixente” e dentro do marco da Axenda da Competitividade – Industrial Galicia: Industria 4.0.
Agora o Clúster TIC Galicia informa e busca a implicación de todas as entidades socias para que acheguen as súas aportacións.
 
A Axenda é un documento estratéxico que recolle actuacións para mellorar a competitividade da industria galega a través de 5 Programas de Impulso, 26 obxectivos estratéxicos e 60 medidas concretas. Entre os programas atópanse:
 

  • Factores territoriais de competitividade
  • Persoas - organizacións
  • Capitalización e crecemento
  • Innovación
  • Mercados – internacionalización
 
As TIC son factor clave para esta transformación, polo que o documento coas medidas que desde o sector consideramos imprescindibles, é importante para a consecución áxil e efectiva dos obxectivos que se propón a Axenda.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies