O xoves 18 de febreiro ás 12:00 h. terá lugar na sede do CITIC unha xornada dirixida, exclusivamente, aos socios do Clúster e que está organizada de maneira conxunta polo Clúster TIC Galicia e o centro tecnolóxico que contará coa participación de membros do Padroado do CITIC e a presenza do Reitor da UDC, Julio Abalde.
Tras a apertura da xornada por parte do Reitor da UDC, os portavoces de ambas entidades compartirán cos asistentes ideas de proxecto concretas que poderían impulsarse a corto prazo e as súas principais liñas de investigación. Analizaranse as vías de colaboración existentes entre ambos organismos a través da xeración de grandes proxectos de investigación e innovación, como é o caso, por exemplo, do Programa Retos-Colaboración do MINECO.
O obxectivo principal deste programa é o de apoiar proxectos en cooperación entre empresas e organismos de investigación, de cara a promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas e contribuír á creación de novos produtos e servizos. Todo elo, dentro das temáticas clasificadas como “retos sociais”, entre as que se inclúe a de “Economía e Sociedade Dixital”.
Outorgadas en forma de préstamos -e excepcionalmente como axudas a fondo perdido- as axudas poden alcanzar até o 95% dos conceptos financiables, que están limitados a un máximo de 15 millóns de euros por empresa. Os proxectos target son aqueles que comecen este ano e finalicen entre o 31 de decembro de 2017 e o 31 de decembro de 2019, como máximo.
Todos os interesados en asistir á xornada deberán confirmar a súa asistencia antes do martes 16 de febreiro.
En medios:
Código Cero | O Clúster TIC Galicia e o CITIC organizan un encontro para dar impulso a grandes proxectos
Comments