O Clúster TIC Galicia colabora coas Xornadas Técnicas Galegas “Smart Cities & Communities” (Vigo, 25-26 novembro)

O Clúster TIC Galicia colabora coas Xornadas Técnicas Galegas “Smart Cities & Communities” (Vigo, 25-26 novembro)


O encontro está organizado polo Concello de Vigo, a Axencia da Enerxía de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Nas xornadas “Smart Cities & Communities” enfocadas a profesionais do sector, expertos de recoñecido prestixio, empresas líderes a nivel estatal e decisores municipais, debaterase e profundizará, de forma integradora, aspectos relacionados coas novas tecnoloxías no ámbito das Smart Cities, a xestión intelixente dos recursos e a transformación urbana que conleva.

O prazo de inscrición remata o 14 de novembro!

O programa está dividido en bloques temáticos e deste xeito o martes 25 tratarase  A sociedade e a transformación urbana, que leva dúas sesións:

  1. Sociedade, economía e goberno
  2. Planificación urbana e edificación
Na xornada do mércores 26 a temática será  A xestión intelixente dos recursos, que se desenvolverá en tres sesións:
  1. Enerxía
  2. Mobilidade
  3. Auga, Residuos

Unha oportunidade de ampliar coñecementos e de explorar novos nichos de mercado para o sector das TIC.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies