O Clúster TIC Galicia asinou o Protocolo de Desarrollo Dixital

O Clúster TIC Galicia asinou o Protocolo de Desarrollo Dixital



Co obxectivo de transformar Galicia cara a unha economía baseada no coñecemento, o Clúster TIC Galicia ven de asinar o Pacto de Cooperación no Desarrollo Dixital de Galicia, coa Xunta de Galicia e coas empresas HP, Indra, Everis, Tecnocom, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia e Coremain.

O Presidente da Xunta de Galicia, ratificou deste xeito o seu compromiso coas TIC e manifestou, no acto de sinatura, que “unha das prioridades que se derivan deste documento é a aposta pola convocatoria de financiación de grandes proxectos innovadores que permitan a captación de fondos europeos”.

A partires de agora ábrese unha nova área de traballo para o Cluster, pois o desenvolvemento do pacto implica a creación de comisións de traballo coa AMTEGA e a creación de proxectos tractores que involucren directamente ás empresas do Cluster.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies