O Clúster TIC Galicia, AGASOL e ASOLIF organizan a V Edición da LibreCon ‘Business & Open Technologies’

O Clúster TIC Galicia, AGASOL e ASOLIF organizan a V Edición da LibreCon ‘Business & Open Technologies’


Librecon ten por obxectivo fundamental a creación de negocio e emprego en todos os sectores da sociedade a través das tecnoloxías libres, a innovación e o emprendemento.
Esta edición xirará ao redor da electrónica de consumo e o sector da automoción –sistemas de entretemento, automóbil conectado-, Internet Of Things e a nova educación, ademais de reservar un espazo para o eCommerce.

Librecon 2015 | Negocio, competitividade e emprego
Contaremos con poñentes de relevancia internacional que exporán a súa visión sobre o uso e o desenvolvemento de tecnoloxías abertas como é o caso de Canonical, que xa ten confirmada a súa participación.
Desenvolveremos conferencias, mesas redondas e presentacións de proxectos  que irán vertebrándose en itinerarios centrados na difusión de coñecemento práctico aplicado de solucións abertas, a través de casos de éxito reais no ámbito público e privado en cada un dos eixos temáticos.
Teremos zona de obradoiros e demostracións de produto na que se presentarán solucións abertas cun enfoque eminentemente práctico, polo que estarán dirixidos cara a perfís máis técnicos cun alto poder de decisión nos departamentos de IT de diferentes organizacións.
Converteremos, durante 2 días,  á cidade galega no centro dos negocios, o emprego e as tecnoloxías abertas a escala internacional nunha cita obrigada para a industria tecnolóxica, coa presenza de directivos de todos os niveis, responsables técnicos, traballadores do sector e axentes públicos e privados tractores de innovación, coñecemento, emprego e negocio que queren coñecer o último en solucións baseadas en tecnoloxías libres.

Edicións anteriores da Librecon
A participación foi de máis de 1.500 profesionais e de 600 empresas que interactuaron con expertos de distintos ámbitos e organizacións internacionais como foron os casos de Bruce Perens, cofundador da Open Source Initiative (OSI); Jeremy Allison, área de Open Source de Google; Jesús Ruiz, director de Innovación Abierta de Banco Santander; Peter Hofmann, responsable do proxecto LiMux do Concello de Munich; Timur Pulathaneli, enxeñeiro de desenvolvemento en FORD; ou de Jim Whitehurst, presidente de Red Hat.

En medios:
Telecomkh.com | Internet de las Cosas, la nueva educación, la electrónica de consumo y el sector de la automoción conectada, en LibreCon 2015

Estrelladigital.es | IoT, educación, electrónica de consumo y automoción conectada, ejes temáticos de LibreCon 2015

Código Cero | Librecon xuntará en Santiago 1.500 profesionais e 60 emrpesas do eido do software libre

Revista ECO | Os días 29 e 30 de outubro a Cidade da Cultura acolle a edición 2015 da conferencia sobre tecnoloxías abertas e negocios LibreCon

Autocasion.com | IoT, educación, electrónica de consumo y automoción conectada, ejes temáticos de LibreCon 2015

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies