O Clúster TIC colabora con @asLAN nunha nova edición do Tour Tecnolóxico

O Clúster TIC colabora con @asLAN nunha nova edición do Tour Tecnolóxico


A Asociación @asLAN celebra unha nova edición do Tour Tecnolóxico comenzando o vindeiro 21 de setembro en Santiago de Compostela. Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Actividades da Asociación @asLAN para 2017, dirixido a crear espazos de encontro e divulgación tecnolóxica conectados con ASLAN2018, conta co respaldo a nivel nacional do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e do CDTI, así como de destacados provedores do sector como Sophos, Cambium Networks, Watchguard, Dell EMC, Flytech, Eset, Alcatel, Allied Telesis, Gigaset, CCTV Center e Thycotic. Este ano a nivel local, recibe o apoio de INEO e CLUSTER TIC GALICIA como Entidades Colaboradoras.

Esta XII edición do Tour Tecnolóxico @asLAN xirará sobre "o papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital" e ofrecerá unha ampla perspectiva sobre importantes tendencias de futuro e solucións tecnolóxicas dispoñibles para construir infraestruturas dixitais alineadas co negocio: Internet of Things, Mobile User, Hydrid Cloud...

As infraestruturas IT e a seguridade son un pilar fundamental da Transformación Dixital, e os responsables IT de grandes e pequenas organizacións teñen a ocasión de liderar a dixitalización nas súas organizacións e os seus partners tecnolóxicos, de proporcionar os servizos e infraestruturas necesarias para afrontar este gran reto. Durante o Foro Tecnolóxico Santiago, os asistentes coñecerán de primeira man as novidades sobre Network, IoT, DataCenter, Security, Analytics, Digital Identity, Cloud, Mobility e Collaboration. Markel Gruber, Presidente da Asociación @asLAN señala que “O Foro Tendencias Tecnolóxicas que terá lugar este mes en Santiago de Compostela, é unha oportunidade para coñecer novas tendencias tecnolóxicas da man de importantes fabricantes internacionais, así como compartir experiencias con responsables IT de grandes e pequenas empresas de Galicia”.

O Foro Tecnolóxico Santiago, celebrarase no Gran Hotel Araguaney e contará na Sesión de Benvida coa intervención D. Julio Sánchez Agrelo, Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Na Sesión de Clausura participará D. Jesús Rodríguez Castro, Xefe del Servizo de Informática do Concello de Santiago de Compostela, que dará a coñecer os proxectos e tendencias tecnolóxicas da cidade. Posteriormente celebrarase un cóctel de networking donde os invitados poderán actualizar coñecementos e compartir experiencias con ootros stakeholders do sector.

A inscripción a estes eventos é totalmente gratuíta e pode facerse desde www.aslan.es/ForoSantiago.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies