O venres 14 de novembro, desenvolveuse en Santiago de Compostela "Clúster TIC Capital Network", o evento de investimento de referencia no sector en Galicia (antiguo Vindeira Capital Network), que chegou á súa quinta edición.
Nesta ocasión reuniu nunha única xornada a nove emprendedores que presentaron os seus proxectos ante unha decena de investidores privados. De xeito agregado, estes nove proxectos buscan un financiamento de algo máis de catro millóns de euros, con necesidades que van dende o capital semente (30.000 euros) ata o capital expansión (1,75 millóns).
Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, salientou en rolda de prensa que a principal novidade da edición deste ano é a participación do recen creado Club de Investidores que a entidade ven de impulsar. Este club conta con oito socios, que asumen o compromiso de investir un mínimo anual de 50.000 euros en start-ups galegas baseadas nas tecnoloxías da información e das comunicacións. Ademais de apoio financeiro, o club dará aos proxectos empresariais incipientes que seleccione asesoramento en áreas técnicas e de xesión. Os membros fundadores do Club de Investidores do Clúster TIC Galicia son os seguintes: Altia, Bahia Software, Clictic, Imatia, JDLV Inversores, Plexus e R.
Vocación colaborativa
O club está aberto á colaboración con outras entidades e á incorporación de máis socios, coa posibilidade de que varias empresas de pequeno tamaño que sexan membros do Clúster poidan unirse para compartir o investimento mínimo establecido. Del Corral destacou que a constitución do club supón un “compromiso” cos emprendedores e que os socios asumen unha serie de obrigas de transparencia, lealdade e honestidade que se recollen nun Código Ético.
Respecto ao formato deste ano do evento Clúster TIC Capital Network, cunha rolda reservada a inversores galegos, Del Corral explicou que é o resultado da experiencia das catro edicións anteriores, nas que participaron un total de 50 proxectos. Ademais dos membros do Club de Investidores, participaron tamén no evento como entidades investidoras coma o Banco Sabadell Gallego e Xesgalicia. Esta última entidade é ademáis colaboradora da iniciativa.
Pola súa banda, Gerardo García Alvela, director xeral de Itelsis, abundou na idea do compromiso cos emprendedores e explicou que a “vocación colaborativa” e a vontade de reforzar o tecido empresarial TIC de Galicia que impulsan o Club de Investidores son as mesmas ideas das que naceu no seu día o propio Clúster.
Na presentación do evento participou tamén Juan Cividanes, director xeral de Xesgalicia, quen felicitou ao Clúster por ter “escoitado ao mercado” para facer evolucionar o formato e poñer en marcha o Club de Investidores. Cividanes sinalou tamén que o fondo Galicia Emprende alíñase tamén ao obxectivo de respaldar as start-ups.
Os proxectos
En total seleccionáronse, polas súas características técnicas e económicas un total de 9 iniciativas ou proxectos empresariais para realizar o pitch ante os inversores.
As temáticas dos proxectos:
None
Comentarios