O 23 de setembro pechamos ENTIC coa xornada O Futuro da Eficiencia Enerxética nas Pemes

O 23 de setembro pechamos ENTIC coa xornada O Futuro da Eficiencia Enerxética nas Pemes


A próxima semana damos peche ao proxecto ENTIC que foi desenvolto en cooperación por distintos organismos de Galicia-Norte de Portugal, liderados polo IGAPE, no marco da iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e que ten  o obxectivo de promover a incorporación nas empresas de medidas de eficiencia, diversificación enerxética, e sistemas e ferramentas TIC que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e incrementar a eficacia no uso dos recursos.

O Clúster TIC participou activamente neste proxecto para seguir desenvolvendo un dos nosos piares de especialización a Internet das Cousas (IoT) aliñando obxectivos e impartindo formación especializada e de calidade para cubrir a futura demanda de programadores e desenvolvedores de compoñentes de IoT. Unha capacitación que nos permitirá anticiparnos aos retos futuros asegurándonos o equilibrio entre  oferta e demanda.

A empresa socia Tesla Technologies foi a encargada de xestionar e impartir o curso  Programando compoñentes de IoT para a eficiencia enerxética, no que tamén contamos coa participación da empresa socia Itelsis; e o obradoiro práctico Construción dun sistema, no ámbito de IoT, orientado a súa aplicación no campo da eficiencia enerxética, dúas iniciativas formativas que tiveron máis demanda que prazas nos que o alumnado rematou demostrando, con prototipos funcionais as habilidades e coñecementos adquiridos.

O mércores 23 de setembro o Clúster TIC participará na xornada de peche, que se celebrará no Museo Mar de Vigo, baixo a representación de Esteban Vázquez de Tesla Technologies. Baixo a lenda O Futuro da Eficiencia Enerxética nas Pemes, desenvolverase un programa no que teremos oportunidade de participar en relatorios e mesa de debate sobre os resultados e as oportunidades que ENTIC abre para as empresas.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies