O presidente de Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidirá o acto de presentación do Plan Estratéxico 2011-2013 do Cluster TIC Galicia, ao que tamén asistirán o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, entre outras personalidades e representantes dos eido económicos, empresariais e académicos da Comunidade Autónoma.
O evento terá lugar o día 8 de xuño ás 13 horas, en Santiago de Compostela, no salón de actos do Centro Social Novacaixagalicia. Deste xeito, terá lugar a continuación e na mesma sede que a Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster, facilitándose deste xeito a asistencia dos membros da entidade.
O acto presentarase baixo o lema “Innovación, Competitividade, Crecemento”, e será inaugurado por Rafael Valcarce, presidente do Cluster. A continuación, farase unha exposición do contido do Plan Estratéxico. O presidente da Xunta clausurará o encontro.
O Plan Estratéxico 2011-2013 do Cluster TIC Galicia é a verdadeira folla de ruta que marcará o futuro inmediato do macro-sector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na Comunidade Autónoma. Deseña 35 proxectos e programas de actuación orientados a tres grandes obxectivos estratéxicos: converter o Cluster TIC Galicia na organización integradora do macro-sector; incrementar a competitividade dos membros da entidade e promover o crecemento da cifra de negocio dos socios do Cluster.
Cada un dos programas, que se desenvolverán nos próximos tres anos, conta con obxectivos cuantificados e con criterios para o seguimento e medición do seu cumprimiento, a través do cadro de mando integral do Plan.
A vetebración do sector, a innovación, a saída a mercados exteriores, o financiamento, a formación e a cooperación con universidades e administracións públicas centran as prioridades do Plan, que define a tamén a Misión e a Visión do Cluster TIC Galicia.
None
Comentarios