Novidades relativas ás tecnoloxías marítimas no VII Programa Marco da UE

Novidades relativas ás tecnoloxías marítimas no VII Programa Marco da UE


Dende a Oficina de Programas Internacionais de I+D+i infórmase das seguintes novidades europeas relacionadas coas Tecnoloxías Marítimas no VII Programa Marco (FP7):CONVOCATORIASERA-NET MARTEC II “MARITIME TECHNOLOGIES II”Obxectivo: MARTEC II é unha ERA-NET financiada polo FP7 co obxectivo de coordinar os programas nacionais de investigación en tecnoloxías mariñas. A convocatoria MARTEC II financiará proxectos de investigación colaborativos entre os países participantes na ERA-NET.Áreas Temáticas: Poderán presentarse proxectos nas seguintes tecnoloxías marítimas. E importante ter en conta que pode que algunha área non estea apoiada por todos os socios da ERA-NET.- Construción naval: novos tipos de barcos, estruturas, deseño.
- Construción naval: procesos produtivos e tecnoloxía
- Equipamentos e servizos marítimos
- Barcos e operacións en portos
- Navegación interior e transporte intermodal
- Industria e tecnoloxía offshore
- Estruturas offshore para enerxías renovables
- Tecnoloxía polar
- Pesca / acuiculturaExisten ademais topics adicionais que poden ser incluidos en varias áreas prioritarias:
- Seguridade
- Impactos medioambientais
- Elementos humanosBeneficiarios: O CDTI só financiará a participación de empresas. É importante consultar o documento coas condicións de participación para os socios españois.Consorcio: Só serán apoiados proxectos que reciban financiamento de polo menos dous países da ERA-NET. Darase prioridade ás propostas que inclúan como mínimo dous participantes industriais independentes de dous países socios.Data de peche: 30 de abril de 2012.Máis información: http://www.martec-era.net/opencallEVENTOS- 3rd Marine Board Forum 2012 (Bruxelas, 18 de abril de 2012). O Foro analizará as “Blue Technologies” emerxentes ou futuras. Máis información: http://www.esf.org/index.php?id=9292- Transport Research Arena (TRA) Conference (23 ao 26 de abril de 2012). A conferencia ten como obxectivo permitir o intercambio de experiencias e coñecemento entre expertos das diferentes disciplinas a través dos resultados das investigacións así coma a promoción das oportunidades futuras no sector. Máis información: http://www.traconference.eu/Welcome/OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE- Lanzamento da JPI Healthy and Productives Seas and Oceans: o pasado mes de decembro o Consello Europeo presentou oficialmente esta Iniciativa de Programación Conxunta, que co-lideran España, Noruega e Bélxica. A CE acolleu con entusiasmo a iniciativa e a Comisaria Europea de Pesca e Asuntos Marítimos comunicou que a investigación mariña e marítima está indicada claramente en todos os documentos relevantes de Horizonte 2020. Máis información: http://www.jpi-oceans.eu/- Lanzamento do documento de discusión de SEAS-ERA “A draft Marine Research Plan for the European Atlantic Sea Basin”: a ERA-Net SEAS-ERA, liderada polo MICINN, presentou este documento que contribuirá á Axenda Estratéxica de Investigación (SRA) para o Océano Atlántico e tomarase como documento de discusión para un proceso de consulta a stakeholders que terá lugar de xaneiro a xuño 2012. Máis información: http://www.seas-era.eu/np4/135.htmlFonte: OPIDi

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies