None
Por David Trigo López, xerente do Cluster TIC Galicia.
Prezado socio:
Estamos próximos a celebrar a Asemblea Xeral da nosa organización e chegaremos a ela coa satisfacción de poder presentar un presuposto para o ano en curso que certifica o crecemento da nosa organización e a súa consolidación como unha auténtica plataforma de sevizos para as empresas TIC galegas.
Internacionalización, networking e formación son algúns dos eixos sobre os que se artellan os proxectos que xa se están a desenvolver e que irán rendendo froitos ao longo do ano. A moitos deles tense xa adicado un importante volume de esforzo desde a administración do Cluster e desde os grupos de traballo.
Quero destacar tamén o pulo que vai recibir a Innovación tecnolóxica, apoiada no convenio recentemente asinado con Vindeira, e o esforzo que seguimos a facer para impulsar o pacto tecnolóxico-industrial, asunto no que o é fundamental o diálogo coas administracións. No eido do diálogo coa sociedade civil, queremos tamén reforzar lazos e procurar canais de cooperación coas universidades.
E seguimos a traballar tamén para reforzar a nosa organización interna e para facer máis operativas e coordinadas as distintas pezas da nosa estrutura. Esa é a razón da posta en marcha dun novo grupo de traballo, o de Regulación e Adaptación da Normativa Interna.
Quero agradecervos a todos o voso esforzo e colaboración desinteresada en pro do crecemento do Cluster TIC Galicia.
Comments