Novas Cluster TIC Galicia, nº 1. Editorial

Novas Cluster TIC Galicia, nº 1. Editorial


None

Estimado socio e amigo:

Poñemos hoxe en marcha o boletín dixital Novas do Cluster TIC Galicia, no que supón unha iniciativa encamiñada a mellorar a comunicación interna e a desenvolver plataformas de coñecemento e cooperación entre os socios.

Somos conscientes de que existe unha certa saturación de fontes de información, boletíns, newsletters, noticias e, en xeral, mensaxes que recibimos a diario. Con todo, cremos que é importante para todos nós, como membros do Cluster, dispoñer dun medio a través do cal coñecer de primeira man as actividades, iniciativas e proxectos nos traballa a nosa entidade, así como os resultados dese labor. Tendo todo iso en conta, apostamos por un formato de boletín sinxelo e efectivo, apoiado na nosa web. Focalizado nas noticias internas e atento ás principais novidades do noso sector. Esperamos que vos resulte útil e agradable.

Aproveito para vos comunicar que antes de final do presente mes comezará a traballar connosco o novo xerente do Cluster, cuxo perfil se vos enviará. E quero tamén animarvos a que vos integredes nos Grupos de Traballo, xa que todos están contribuíndo a mellorar a definición do Plan Estratéxico do Cluster. Os contidos deste Plan, no que xa traballa a empresa galega que temos contratada, basearanse nos propios requerimentos dos socios, segundo a enquisa que xa se está empezando a facer.

Unha forte aperta.

Rafael Valcarce Baiget
Presidente do Cluster TIC Galicia

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies