Misión tecnolóxica directa a Israel, da Dirección Xeral de I+D+i e coa colaboración de IGAPE e Ineo

Misión tecnolóxica directa a Israel, da Dirección Xeral de I+D+i e coa colaboración de IGAPE e Ineo


Desde a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), a través do Plan de internacionalización para empresas innovadoras e de base tecnolóxica, co apoio do IGAPE e en colaboración con Ineo , estase organizando unha serie de accións de transferencia tecnolóxica e innovación a diferentes destinos estratégicos.

O sector TIC é un dos prioritarios para a participación nestas accións e o primeiro dos destinos estratégicos é Israel.

Esta misión desenvolverase entre o 23 e o 26 de maio.  Trátase dunha  misión tecnolóxica directa para coñecer in situ a posibles partners, así como para ter unha visión real do desenvolvemento tecnolóxico e innovador que se está xerando en Israel.

Os membros do Cluster que estean interesados en participar deben cubrir o formulario de inscrición e remitilo antes do 30 de abril á seguinte direccion de correo electrónico: ineo@ineo.org.

Documentación para inscribirse.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies