Misión directa en Brasil aberta a todos os socios

Misión directa en Brasil aberta a todos os socios


Debido a realización de accións comerciais a Brasil por parte de  asociacións integrantes do Cluster TIC Galicia, e nun intento de coordinar e aunar esforzos, traballando nunha mesma dirección, ábrese un novo periodo de inscripción para a realización da misión comercial directa a Brasil, trocando a data inicial  do mes de xullo  pola de finais do  mes de setembro.

A data para inscribirse na misión comercial directa a Brasil remata o próximo día 11 de marzo, venres, as 14:00 horas.

Dende o Cluster TIC Galicia anímase a participación dos asociados na mesma, e é por elo que se prega a aquelas entidades interesadas que remitan o seguinte formulario de inscripción.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies