Ineo: Últimas prazas para a misión tecnolóxica a China

Ineo: Últimas prazas para a misión tecnolóxica a China


Aínda quedan algunhas prazas para a Acción de Transferencia Tecnolóxica en China que a Dirección Xeral de I+D+i organiza co apoio do IGAPE e en colaboración con INEO. A misión desenvolverase entre o 25 de setembro e o 1 de outubro nas cidades de Pequín e Xangai.

China é un dos destinos estratéxicos para o sector TIC sinalado no Plan de Internacionalización para empresas innovadoras e de base tecnolóxica da Administración autonómica. O obxectivo da viaxe é coñecer a posibles partners, así como ter unha visión real do desenvolvemento tecnolóxico e innovador que se xera no país.

Fonte: Ineo

Ler máis

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies