O presidente de INEO insistiu nunha entrevista concedida a 'Faro de Vigo' en que "innovar permite seguir no mercado e non innovar significa alargar a agonía". Jorge Cebreiros advirte de que reducir o investimento en I+D+i supón minguar a competitividade.
Para o presidente de INEO, as empresas deben continuar reinventándose e manter a porcentaxe de investimento en innovación mesmo en época de crise. Trátase de mellorar, sen que iso dependa das subvencións recibidas.
Ler máis e acceder á entrevista
Comentarios