Oferta en situación ventaxosa para Socios do Cluster TIC Galicia para a Implantación ISO 20000 e ISO 27001: Dúas normas clave no sector TI
Dende O Cluster TIC Galicia contamos con ofertas en situacións ventaxosas para implantación das seguintes normas:
- Sistema de Xestión de Servizos TI (SGSTI) segundo norma ISO/IEC 20000-1:2007. 1 Plaza
- Sistema de Xestión da Seguridade da Información segundo norma UNE-ISO/IEC 27001:2007. 2 Plazas
INFORMACIÓN BÁSICA DO PROXECTO:
Implantación normas ISO 27001 (Sistema de Seguridade da Información) ou ISO 20000 (Sistema de Calidade en Servizos TI) a través da subvención do Plan Avanza (75 % de implantación + certificación):
- O custo de implantación + certificación pode roldar os 3.500 € (a subvención é en de en torno ao 70% e xa está aprobada, tendo en conta que o prezo de mercado pode roldar os 12.000 - 15.000 € )
- O proxecto ten unha duración media de entre 6-9 meses, e execútase tanto a modo On Line como presencial
- O prazo de finalización sería decembro de 2.012, polo que é recomendable que se de comezo ao proxecto entre xuño e xullo
Animámosche a non perder esta oportunidade de mellorar os teus procesos e a calidade na prestación de servizos TI, participando agora nesta iniciativa xa subvencionada polo
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no marco do Plan Avanza 2011, o cal che permite participar a un prezo pechado moi por baixo do prezo real de mercado.
Se queren máis información relativa a esta Oferta, non dubiden en poñerse en contacto coa administración do Cluster TIC Galicia.
Teléfono: 981 56 98 93
Mail:
administracion@clusterticgalicia.com
Comments