ikiMap celebra o seu primeiro aniversario regalando un iPad 2 no seu concurso Map & Win

ikiMap celebra o seu primeiro aniversario regalando un iPad 2 no seu concurso Map & Win


Este mes de abril ikiMap, o servizo gratuíto para crear e compartir mapas en internet, cumpre un ano de vida. E para celebralo lanza o concurso Map & Win, a través do cal, os usuarios que publiquen os seus mapas en ikiMap, desde o 7 de abril ó 22 de maio, poderán gañar un iPad 2.

Os mapas creados entre esas datas serán valorados segundo a súa orixinalidade, información que aporta, ou acabado estético, por un xurado composto por:


Cada usuario poderá crear cantos mapas queira, aumentando así as súas posibilidades de facerse co primeiro premio.

As bases completas do concurso poden ser consultadas no seguinte enderezo:

http://www.ikimap.com/basesconcurso.php

ikiMap, o servizo para compartir mapas dun xeito diferente

ikiMap é un proxecto desenvolvido pola empresa Sixtema, que une os conceptos de mapas e cartografía cos de redes socias, facilitando o traballo de crear, publicar e compartir mapas en Internet.

Durante estes doce meses os máis de 5.000 usuarios rexistrados de ikiMap, crearon cerca de 12.000 mapas a través de esta plataforma, sendo o turismo, medioambiente e transportes as temáticas maioritarias.

En canto a países, os usuarios españois son os máis activos á hora de elaborar os seus mapas, seguidos dos chilenos e indonesios.

Estes usuarios foron, en gran medida, os que foron suxerindo as melloras e novas funcionalidades que debía posuír o servizo, o que propiciou que sexa empregado non unicamente por particulares, senón tamén por empresas privadas e organismos oficiais, que atopan en ikiMap unha vía áxil, rápida e económica para crear e compartir mapas cos amigos e clientes.

Fonte: Ikimap

Nota de prensa

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies