Grupo Femxa busca empresas ás que lle interese dispor de persoal para realizar Prácticas non Laborais . Trátanse de xóvenes menores de 30 anos, que cursaron unha formación específica para realizar as tarefas ligadas ás seguintes materias:
- Desenvolvemento tecnolóxico de aplicacións Java
- Innovación na relación cos clientes: e-commerce e community management
- Innovación tecnolóxica na educación: pizarras dixitais, tablets, redes sociais na aula e GAM
- Técnico de internacionalización
- Especialización no apoio e asistencia ao persoal de oficinas
- Organización e xestión das operacións de almacén
Para acoller ao persoal en prácticas, débese cumprir o requisito de que a empresa solicitante teña un mínimo de 3 traballadores e que asigne un titor para facer seguimento e evaluar ao alumno durante o tempo da práctica. Opcionalmente, cabe que a tutorización sexa realizada directamente por Femxa.
Estas prácticas non implican ningún tipo de relación laboral, compromiso de contratación ou custe. Os alumnos dispoñen dun seguro e o empresario pode elixir a data para a realización de ditas prácticas (ata o 30 de Setembro). A duración das prácticas pode chegar hasta 90 horas, en xornadas de hasta 8 horas diarias.
Os beneficios para as empresas participantes no proxecto son reducir a carga de traballo para a plantilla actual, realizar unha selección de personal sin custe, incrementar as competencias entre os traballadores ao incorporar a novos empregados con formación específica ou mellorar a imaxe da empresa grazas ao impulso da Responsabilidade Social Corporativa.
Os interesados en solicitar alumnos en prácticas poden facelo a través do seguinte email: lcobas@femxa.com
Comentarios