Gerardo Crespo Riestra, novo presidente do Cluster TIC Galicia

Gerardo Crespo Riestra, novo presidente do Cluster TIC Galicia


None



(4-11-2011)

A Asemblea Xeral Extraordinaria do Cluster TIC Galicia celebrada esta mañá en Santiago de Compostela elexiu a Gerardo Crespo Riestra como novo presidente da entidade. Crespo é presidente do Grupo Azetanet e sucede á fronte do Cluster a Rafael Valcarce Baiget, presidente de Arteixo Telecom.

A Asemblea constitui tamén o novo Comité Estratéxico, que fica integrado polos seguintes membros:


  • Enrique de Miguel Ilarri (2MARES DEMIL, S.L.).

  • Margarita Ordoñez Novo (GECRERI, S.L. -AZETANET-).

  • Cesar Blanco Gomez (ACADEMIA POSTAL 3 VIGO, S.L.).

  • Miguel Ángel Bugarín Pumar (VISUAL PUBLINET, S.L.).

  • José Antonio Román Jiménez (SIVSA SOLUCIONES INFORMÁTICAS, S.A.U.).

  • Alejandro Morán Marco (EVERIS SPAIN, S.L.).

  • Antonio Rodríguez del Corral (R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A.).

  • Gerardo José García Alvela (SISTEMAS AUDIOVISUALES ITELSIS, S.L.).

  • José Álvarez Dafonte (FEMXA FORMACIÓN, S.L.).

  • José Manuel Otero López (DISASHOP, S.L. -DISA CONSULTING-).

  • Juan Marín Cruzado (TELVENT GLOBAL SERVICE, S.A.).

  • Santiago Cárdenas Botas (TECNOCOM TELECOMUNICACIONES Y ENERGÍA, S.A.).

  • Jorge Cebreiros Arce (INEO).

  • Ramón María Lois Santos (AMETIC).

  • Jesús Rodríguez Castro (COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARIA EN INFORMATICA DE GALICIA).

  • Ricardo Fernández Fernández (COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA).


A elección de novo presidente e membros do Comité Estratéxico marca unha nova etapa para o Cluster TIC Galicia, etapa que deberá estar marcada pola consolidación da entidade no seo do sector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións.

O novo presidente do Cluster sinalou ante a Asemblea que iniciará de inmediato un ciclo de conversas con todos e cada un dos membros da entidade, e insistiu en que será un presidente dialogante que respetará as diversas “idiosincrasias e personalidades” que se dan no Cluster.

Crespo apelou á “colaboración xenerosa” de todos os socios e asegurou que construirá sobre o traballo realizado na anterior etapa do Cluster, facendo protagonistas ás empresas e entidades membros da organización e defendendo os intereses de todos, co obxectivo de “que Galicia teña un sector TIC forte e capaz de tirar da economía do país”. “O futuro crecemento económico fundamentarase en aspectos de valor engadido e o noso sector debe ser protagonista, xa que é o maior referente en valor engadido e innovación”, asegurou Crespo.

O novo presidente do Cluster agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia pero manifestouse “esperanzado” en que esa colaboración se incremente significativamente. “O obxectivo de construir un sector TIC forte non debe ser só do Cluster, senón que debe ser compartido pola administración autonómica”, asegurou Crespo.

Ler a nota de prensa




None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies