FORO INVESTIMENTO CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK
O Clúster TIC Galicia abre a inscrición para participar no foro de emprendedores-investidores CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK. A maior iniciativa de investimento TIC de Galicia na que se identifican oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBTs, así como a de facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes.
QUÉN SE PODE PRESENTAR?
Emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado; que se atopen nun proceso inicial de desenvolvemento ou que precisen dunha ampliación de capital que lles permita o despegue de forma definitiva.
O prazo de inscrición remata o 12 de outubro de 2014
QUÉ PROXECTOS PARTICIPARÁN NO FORO?
Os interesados poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario. Un comité de expertos TIC fará a selección dos que pasarán a participar no foro.
O proceso de selección rematará o 24 de outubro de 2014
QUÉN ESTARÁ NO FORO?
Os proxectos seleccionados e os investidores TIC.
O Clúster organizará o evento para que todos os proxectos seleccionados sexan presentados, en modo elevator-pitch, ante os investidores; tamén terán múltiples oportunidades de networking directo con eles.
CANDO SE CELEBRARÁ O FORO?
Na primeira quincena de novembro
Máis información: info@clusterticgalicia.com | Tlf.: 881 939 651
Comentarios