FONDOS PÚBLICOS

FONDOS PÚBLICOS


AXUDAS PARA O APOIO A AEIS CO OBXECTO DE MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEMES (2017)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitivdade para o proxecto "Intelixencia Artificial colaborativa para a Industria Conectada 4.0"

O proxecto ten por obxecto explorar as necesidades comúns e específicas para o desenvolvemento de novos algoritmos (Intelixencia Artificial) destinados ao tratamento masivo de datos en entornos industriais, especialmente de industria manufactureira.

PROXECTO COFINANCIADO




AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS (CLÚSTERS) INNOVADORAS EN GALICIA (2016)

A través desta axuda (procedemento IG193) o Igape concede ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia financiamento destinado a dar soporte á estrutura para a realización de accións a desenvolver no trienio 2016-2018 encamiñadas a facilitar a interconexión das empresas, fomentar as actividades innovadoras, abrir novos mercados e propiciar a internacionalización.

O periodo de financiación abrangue dende setembro de 2016 ata outubro de 2018.




AXUDAS PARA ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS)

Esta entidade participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Como apoio ao proceso de internacionalización, “Clúster TIC Galicia,” ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3.
Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.

O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.




AXUDAS PARA O APOIO A AEIS CO OBXECTO DE MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS. PROXECTO DE MELLORA DO PROOCESO DE CREACIÓN DE NOVOS PRODUTOS E SERVIZOS TIC (2015)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que ten como obxectivo promover a excelencia das agrupacións empresariais innovadoras e concentrar as axudas en proxectos de innovación, fomentando a cooperación entre empresas e facilitando a súa participación en programas de innovación e internacionalización de outros organismos nacionais e europeos.

O proxecto ten por obxecto a mellora do proceso de creación de novos produtos e servizos TIC mediante o estudo comparativo de plataformas abertas de Internet das Cousas (IoT).

PROXECTO COFINANCIADO 




AXUDAS PARA PROXECTOS DE INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN (2015)

A Xornada de Descubrimento de Proxectos Cluster TIC Capital Network, foi co-financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través da convocatoria 2015 de Axudas para Proxectos de Iniciativas Abertas de Difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013.

O obxectivo desta xornada foi coñecer novas startups TIC galegas en busca de financiamento para a súa presentación ante investidores privados rexionais, especialmente os membros do Club de Investidores do Clúster TIC Galicia. No encontro participaron 5 iniciativas empresariais que buscaban un financiamento de preto de un millón de euros.




AXUDAS PARA PROXECTOS COLABORATIVOS DE CAPACITACIÓN SECTORIAL

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Igape e o Fondo Social Europeo que buscan a mellora da competitividade empresarial mediante a formación do seu capital humano a través de proxectos propostos por organismos intermedios e dirixidos a colectivos de empresas galegas.

O proxecto FormaTIC: Mini-MBA Cluster TIC Galicia ten como obxectivo lograr unha maior capacitación xerencial e financeira no persoal vencellado ás empresas do sector TIC.




AXUDAS PARA PROXECTOS DE INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN (2014)

O V Encontro Clúster TIC Capital Network, foi co-financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través da convocatoria 2014 de Axudas para Proxectos de Iniciativas Abertas de Difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013.

O obxectivo deste Encontro foi estreitar relacións entre emprendedores tecnolóxicos galegos e investidores privados rexionais, especialmente os membros do Club de Investidores do Clúster TIC Galicia. No encontro participaron 9 iniciativas empresariais que buscaban un financiamento de máis de catro millóns de euros.




AXUDAS PARA O APOIO A AEIS CO OBXECTO DE MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS. PROXECTO AUTOTIC (2014)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que ten como obxectivo promover a excelencia das agrupacións empresariais innovadoras e concentrar as axudas en proxectos de innovación, fomentando a cooperación entre empresas e facilitando a súa participación en programas de innovación e internacionalización de outros organismos nacionais e europeos.

O proxecto AUTOTIC ten por obxectivo poñer a disposición dos membros do Clúster TIC Galicia aplicacións, xunto con tecnoloxías e bloques funcionais que lles permitan desenvolver aplicacións móbiles híbridas de forma sinxela, produtiva e escalable.

PROXECTO COFINANCIADO 





AXUDAS PARA O APOIO A AEIS CO OBXECTO DE MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS. PROXECTO CONTROLBOX (2014)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que ten como obxectivo promover a excelencia das agrupacións empresariais innovadoras e concentrar as axudas en proxectos de innovación, fomentando a cooperación entre empresas e facilitando a súa participación en programas de innovación e internacionalización de outros organismos nacionais e europeos.

O proxecto CONTROLBOX pretende crear un producto innovador no campo da seguridade informática, mediante a parametrización, configuración e integración de hardware con ferramentas de software que permitirán observar, rexistrar e descubrir o que sucede nunha rede de equipos informáticos.

PROXECTO COFINANCIADO 







AXUDAS AOS ORGANISMOS INTERMEDIOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS E ESTRATEXIAS DE PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS (2014)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas que teñen coma obxectivo incentivar a realización de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, financiando, entre outras actividades, a realización de misión comerciais internacionais.

No caso do Clúster, a axuda está destinada a levar a cabo actividades relacionadas co seu Plan Estratéxico de Internacionalización entre setembro de 2014 e xuño de 2015.




AXUDAS PARA PROXECTOS DE INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN (2014)

IV Encontro Vindeira-Clúster TIC Capital Network, foi co-financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través da convocatoria 2014 de Axudas para Proxectos de Iniciativas Abertas de Difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013.

O obxectivo deste Encontro foi a de estreitar relacións con importantes entidades de capital risco e business angels de España, intentando acadar un conxunto de proxectos que convenceran aos investidores e diran lugar a novas empresas de base tecnolóxica ou á ampliación das existentes.
 
O Encontro xuntou a investidores, analistas e emprendedores para moldear o futuro do investimento no sector TIC galego e por extensión sectores vencellados á tecnoloxía, permitindo así poñer en marcha o proceso de creación dunha estrutura de apoio ao financiamento privado estable.




AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS (CLÚSTERS) INNOVADORAS EN GALICIA (2013)

A través da resolución do 28 de xuño de 2013 que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, o Clúster TIC Galicia presentou un proxecto de accións a desenvolver no trienio 2013-2015 encamiñadas a facilitar a interconexión de pequenas e grandes empresas localizadas en Galicia e a apreciar as potenciais sinerxías que se poidan dar.

O obxectivo principal é servir de panca para impulsar a competitividade e o potencial de innovación das pequenas e medianas empresas, para promover o desenvolvemento económico mediante o fomento da innovación e a cooperación no sector TIC galego.




PLATAFORMA DE EFACTURA INTEGRADA COS XESTORES DE CONTABILIDADE E ERPS DAS EMPRESAS (2013)

O proxecto consiste no desenvolvemento dunha plataforma de factura electrónica que permita ás empresas realizar unha mellor xestión da súa empresa. Mellorará a súa liquidez reducindo o periodo de cobro das facturas, e será de fácil uso para que esté ao alcance de todo tipo de usuarios. Ademais será desenvolvida sempre cumprindo con todas as obrigacións legais que se lle esixen tanto ó emisor como ao receptor para o uso de factura electrónica.

O proxecto ten dúas variantes, para aquelas empresas que non teñan sistemas propios de contabilidade, poderán utilizar a plataforma para a xestión integral das facturas (xeneralas, almacenalas, envialas...), para aqueles que teñan sistemas contables propios farase a integración coa plataforma, para que a xeración da efactura sexa automatica.




AXUDAS A AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS (2013)

Axuda da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que ten como obxecto mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. 

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario desta axuda na convocatoria do ano 2013, para cofinanciar os gastos subvencionables ós que se refire a Orden IET/1600/2012, de 16 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras. 

Axuda concedida para o proxecto denominado Consolicación da estrutura de coordinación e xestión da [AEI] a executar entre maio e decembro do ano 2013, coa clara estratexia conxunta de todas as entidades cara actividades ligadas á innovación sectorial.

PROXECTO COFINANCIADO

None

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies