FEMXA participa no proxecto Metal-Innova dando asistencia técnica e formación

FEMXA participa no proxecto Metal-Innova dando asistencia técnica e formación



Sae á luz o proxecto Metal-Innova, que busca potenciar o uso da I+D+i no sector do metal, como ferramenta de mellora e optimización para conseguir sistemas de produción máis económicos e competitivos.
Esta iniciativa, da que forman parte entidades españolas, francesas e portuguesas, está enmarcada dentro do Programa de Cooperación Territorial do Espazo Suroeste Europeo (SUDOE) e está financiada con fondos FEDER.
O obxectivo principal é impulsar a elaboración de proxectos conxuntos entre empresas e centros tecnolóxicos de ditos países, facilitando así a confección dunha rede de cooperación que reforce a súa propia capacidade, xerando maiores niveis de competitividade e internacionalización. Desta forma, o sector do metal busca dar un paso importante na creación dunha estrutura sólida e estable para o desenvolvemento de procesos de innovación estratéxica.

No proxecto participan a Unió Patronal Metal-lúrgica (UPM), a Federación Vizcaína de Empresas del Metal (FVEM), a Fundación Centro de Innovación y Tecnología de la Universidad Politécnica de Cataluña (CIT UPC), a Associação Industrial do Distrito do Aveiro (AIDA), a Pôle de compétitivité ViaMéca  e o Institut Français de Mécanique Avancée (IFMA).

Metal-Innova persigue, ante todo, detectar proxectos innovadores de colaboración de I+D+i dentro do espazo do SUDOE e para elo, “ofrecerá asesoría en programas e financiación europea para a innovación” –comenta Patricia García, presidenta institucional do Grupo Femxa, empresa líder no mercado de formación continua en España, e encargada de dar asistencia técnica e formación aos participantes–“Ademais de realizar a xestión administrativa, financeira e técnica do proxecto, e facer o seguimento do mesmo, ofreceremos dúas accións formativas de carácter presencial sobre innovación, dirixida a traballadores de empresas do metal.”

Como resultado destas actuacións, definiranse cinco proxectos cooperativos transnacionais, que se poñerán en marcha mediante a selección das organizacións colaboradoras e a definición dos obxectivos a conseguir e as accións que deberán levarse a cabo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies