Estratega Consulting colabora co programa do IGAPE Re-acciona

Estratega Consulting colabora co programa do IGAPE Re-acciona


No marco do programa do IGAPE Re-acciona, Estratega Consulting prestará a PEMEs de 5 a 20 empregados un servizo de diagnóstico integral de competitividade fruto do cal as empresas obterán os seguintes entregables:

  • Informe do posicionamento competitivo actual da empresa.
  • Plan de acción incluíndo unha relación de actuacións de mellora priorizadas.
  • Recomendacións sobre as líñas de axuda do IGAPE e otros apoios institucionais para o despliegue do plan de acción.
En canto á dinámica de traballo as persoas designadas pola empresa formarán un equipo de traballo cós consultores de Estratega, co obxetivo de proporcionar a información necesaria para a realización do diagnóstico e participar nas reunións de revisión sobre a situación observada e definición de propostas de mellora. A duración total do proceso será de 8 semanas e o servizo é gratuito.

O equipo de consultores de Estratega estará formado por:  

Jesús Díaz Castelao.
MBA (Escola de Negocios Caixanova). Especialista en Xestión de Cooperativas e PEMEs (USC). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (UDC). Consultor en Estratega desde 2008. Especialista en planificación empresarial con experiencia no sector audiovisual, TIC e industria de contidos dixitais.

Eladio Crego Gil.
MBA (Escola de Negocios Caixanova). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (USC). Consultor con máis de 10 anos de experiencia en capital risco e inversións tecnolóxicas. Anteriormente foi xerente de inversións de UNIRISCO. Especialista en planificación empresarial con experiencia no sector audiovisual, TIC e industria de contidos dixitais.  

As empresas interesadas poden contactar con Chus Barrada en mjbarrada@estrategaconsulting.com, Jesús  Díaz en jdiaz@estrategaconsulting.com ou no teléfono 902 052 544.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies