O Clúster TIC Galicia esgotou as prazas para participar na actividade de formación "Programa de Desenvolvemento Xerencial para empresas TIC", tamén coñecido como "Mini-MBA Clúster TIC", unha acción aberta para formarse en habilidades xerenciais ou directivas.
O programa de formación será impartido pola Escola de Negocios Afundación, no Campus da Coruña, e terá unha duración de 70h de docencia presencial na que se tratarán temáticas coma a definición de obxectivos, plans e políticas de dirección; A análise de mercados nacionais e internacionais; a innovación e a mellora de procesos; o soporte económico-financeiro; e o desenvolvemento de persoal directivo.
O éxito desta convocatoria, onde o Clúster non puido cubrir toda a demanda, lévanos a estudar a posibilidade de facer unha segunda edición antes de finalizar o ano.
Esta iniciativa conta con financiamento do IGAPE a través da liña de proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013.
Comments