Entrevista a Juan José Rivero

Entrevista a Juan José Rivero


O meu nome é  Juan José Rivero nacín en Vigo en 1963. Son Enxeñeiro Superior Industrial pola Universidade de Vigo e levo toda a miña vida profesional dedicada aos servizos TIC. Comecei a miña carreira profesional no ano 1987 no departamento de sistemas de PSA, posteriormente, no ano 2000, integreime na equipa de Comunitel para desenvolver os servizos de IT para clientes e, finalmente, no ano 2012 incorpórome a Seidor cunha dobre función; por un lado como Director da Delegación de Galicia e por outro como director da Unidade de Servizos de Data Center e Outsourcing da compañía.

Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo  principal a acadar durante o seu mandato?

Coido que o Clúster está pasando por un momento moi bo, despois dun proceso de refundación que serviu para darlle o impulso que precisaba. Na actualidade, cando o sector das TIC se posiciona como un dos tractores da economía galega, o Clúster debe afianzarse e ser o elemento de unión e integración de todo o sector en Galicia. Traballar para conseguir a colaboración entre as empresas do sector, desenvolver novos proxectos innovadores, colaborar na especialización das empresas e axudalas na súa internacionalización serían os principais obxectivos durante este período. Se conseguimos estes obxectivos, situaremos ao sector TIC como un dos referentes da economía galega.

Fáganos unha presentación da tarefa e responsabilidade que acatou como membro do CODI e explique os obxectivos que se marca.

Como Vogal do CODI teño asignada a tarefa de fomentar os proxectos con Latinoamérica, de forma que se axude á internacionalización do sector. Esta función ten un dobre obxectivo: por un lado axudar ás empresas galegas a desenvolver  proxectos en Iberoamérica e, por outro lado, prover ás empresas galegas de experiencias e produtos de Latinoamérica para incrementar a súa produtividade e a súa capacidade de facer negocios. Así mesmo, dado a orixe catalá de Seidor e a nosa forte implantación nesta rexión, outro obxectivo importante será incrementar a colaboración entre as empresas do sector TIC de ambas comunidades.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies