Entrevista a José Angel Veiga Abeledo

Entrevista a José Angel Veiga Abeledo


Ferrolano, casado con Carme, pai de Paula, Carmen e Jorge, sempre desenvolvín a labor profesional no sector TIC, en España, (a maior parte do tempo en Galicia e Asturias), en Portugal e en México, traballando para o Grupo Televés, na Dirección Xeral de Organización e Sistemas da Xunta, no Grupo Telefónica e no Grupo SATEC onde hoxe son o responsable do Negocio en España e responsable da Delegación de Asturias e Galicia.  

Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o principal obxectivo a acadar durante o seu mandato?  

Por unha parte coido que o traballo ao servizo do Clúster dos profesionais de empresas e organizacións que están presentes no mesmo, así como a labor da equipa de Xestión propia do Clúster, que contribuíu a que se recoñeza a importancia real do sector TIC presente no Clúster TIC Galicia, o seu potencial e a importancia de contar coa opinión das empresas e organismos que o conforman, por parte dos interlocutores públicos e privados que xestionan diferentes ámbitos que teñen que ver coas TIC.  

Por outra o Clúster debe de consolidarse, para as empresas e organismos presentes nel, como  o espazo natural de cooperación, co obxectivo común de gañar competitividade, atraer a Galicia inversións en proxectos TIC, aspirar a desenvolver e participar proxectos de alto impacto, acelerar na tan desexada internacionalización, con especial sensibilidade a que o Clúster dea un bo servizo ás empresas TIC de menor tamaño.  

Qué tarefa e responsabilidade ten asignada como membro do CODI e qué obxectivos se marca para a súa execución?  

Na relación con outros Clústeres Tecnolóxicos presentes no Estado Español, o obxectivo é identificar boas prácticas, compartir experiencias para acelerar a consecución dos obxectivos propios do noso Clúster. En relación cos Grandes clientes os obxectivos son poñer en valor as nosas empresas e organismos presentes no Clúster de cara a telos en conta á hora de desenvolver proxectos nos que se precise unha compoñente TIC solvente, poñer en valor o traballo do propio Clúster como elemento aglutinador ao que dirixirse polos Grandes Clientes de cara a resolver unha determinada problemática, buscar participación en diferentes proxectos … sempre acorde cos obxectivos que o Clúster TIC se marca.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies