Entrevista a Fran Rodríguez

Entrevista a Fran Rodríguez


Son Fran Rodríguez e actualmente exerzo a miña actividade profesional como Profesor Contratado Doutor da ESEI (Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo) da que son tamén Subdirector. A maior parte da miña actividade estivo e está, relacionada co ámbito universitario docente e de transferencia de coñecemento (primeiro no Laboratorio de Bases de Datos da UDC e actualmente no Laboratorio de Informática Aplicada da Uvigo).

No Clúster TIC represento ao Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia do que son membro da súa Xunta de Goberno dende hai 3 anos.  

Qué destacarías da reforma estatutaria?

A reforma dos Estatutos permítelle ao Clúster TIC ter unha estrutura moito mais dinámica e eliminar erros, duplicidades e incoherencias introducidas nas redaccións pasadas debido a diverxencias de criterio cos rexistros competentes entre outras circunstancias. Por exemplo, destacaría a simplificación dos órganos de goberno, deixando claras as súas funcións e obrigas, e centrados na equidade cunha orientación netamente empresarial.  

Ademais da secretaría do Clúster, tes unha nova encomenda que é “Estrutura”, en qué consiste?

En concreto, o CODI encomendoume que fose responsable daquelas tarefas que tiñan que ver directamente con cuestións administrativas ou nas que o Clúster TIC teña que ter unha opinión ou dar resposta a inquedanzas dos socios referentes ao propio Clúster TIC, a outros socios ou ao sector en xeral. En concreto esta responsabilidade concretouse na Defensa do Socio, e no Estudo de Inquedanzas sobre Pregos e Malas Prácticas. 

Ademais, dado o meu perfil de Docente Universitario e de Representante do Colexio Profesional en Enxeñería Informática encargareime tamén de impulsar as actividades que teñan que ver con  EMPREGO E FORMACIÓN centrándonos EN PERFÍS PROFESIONAIS ESPECIALIZADOS que demanden os nosos asociados.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies